Rede de cicloxuristas

A Rede de Cicloxuristas, é un blog  formado por avogados, profesores de Universidade, letrados do Tribunal Constitucional e letrados das Cortes Xerais e de Parlamentos Autonómicos interesados na promoción da bicicleta como medio de desplazamento urbano e interurbano.

Os promotores da mesma, son Francisco Bastida Freijedo, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Oviedo, e Mariano Reaño Lambea, avogado de Palma, que fixan como obxectivo;  ofrecer solucións xurídicas aos novos retos que supón a implantación deste medio de locomoción no tráfico diario, sempre pensado e deseñado ata agora en función dos vehículos de motor.

Unha nova e interesante proposta de traballo sen ánimo de lucro que se agradece, e que podedes compartir e consultar en;

http://ciclojuristas.wordpress.com/

 

Leave a comment »

Bicis de cinema

As bicicletas ás veces saen ben no cinema. Aqui os deixamos algúns exemplos

 

 

 

Comments (2) »

Proposta de carril-bici para Ourense

Despois de varios meses de comentarios e suxestións cos biciusuarios e peóns, contemplamos varias posibilidades, que agardemos, vos sirva de punto de inicio.

Dentro das discusións, había xente que defendía a convivencia mediante  zonas de velocidade controlada (zonas 30) que sabedes que se están popularizando, e que contan coa simpatía dalgún concelleiro da actual corporación.

De seguido o enlace, para que comentedes o que vos prazca.

Proposta de carril-bici para Ourense

Comments (4) »

Poesía visual en bici

Esta peza leva 4 meses na Rede, e tendo en conta as recentes polémicas coa contaminación en Madrid, Barcelona, (e Ourense) non esta mal, ollar algo que  incite a coller a bici, ese medio de transporte tan marxinado na maior parte deste país, pero que debería ser unha peza clave no futuro da mobilidade en España.

Este increíble vídeo, rodado por Martin de Thurah para o  pavillón de Dinamarca na EXPO de Shangai, explora o lado emocional/artístico da cultura da bicicleta danesa.

Agardemos que  un día chegue ás pantallas dalgún político español. Quizáis sirva para que esperten do interminable letargo, á hora de actuar, no favor dun dos medios máis sans xunto co camiñar.

Mentras aquí padecemos o paro ou a contaminación asfixia máis, en Copenhague levan xa 390 quilómetros de carril bici construidos. Pronto a ciudad inaugurará unha nova rede de autopistas para bicicletas co obxectivo de que o 50% da población utilice este medio a diario para ir a traballar (actualmente esta cifra sitúase nun 37%).

A que agardamos para facer algo?  talvez a que remate o petróleo?

E se mañán, todo sigue igual, sempre non queda ver este video e soñar…

Artigo orixinal en castelán en; yorokobu.es

Comments (2) »

Recomendacións de seguridade

O grupo Eroski, distínguese por posuír un magnífico boletín, con abundantes e diversos contidos, en xeral bastante interesantes.

Achei unha infografía, sobre a seguridade do ciclista, que a bo seguro o atopades útil.

Preme para ir á web da infografía do boletín CONSUMER

Preme para ir á web da infografía do boletín CONSUMER

Leave a comment »

Test de atención

Curioso anuncio emitido nas televisións británicas

Leave a comment »

Presentación

O tráfico, a contaminación ou a seguridade vial son problemáticas que nos afectan a todas as persoas que vivimos en Ourense e que están asociadas á forma na que nos desprazamos na cidade. Desde a cidadanía pensamos que é necesario organizarnos para reclamar unha “mobilidade responsable” en Ourense.

Por iso constituímos a asociación “Mobi-Liza”, en defensa de quenes se desprazan a pé, en bicicleta ou en transporte público e común. Por unha cidade con menos tráfico e que aposte por unha forma de desprazarse saudable, segura e non contaminante.

Presentación do colectivo cidadá MOBI-LIZA en Ourense Asociación por unha mobilidade responsable, o vindeiro xoves 4 de febreiro de 2010, no ATENEO de Ourense (rúa Curros Enriquez 1), ás 11.30 horas

Por unha cidade “pensada para as persoas”. En defensa das persoas que se desprazan a pé, en bicicleta ou en transporte colectivo e público

Leave a comment »